V Xornadas Científicas da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

NORMATIVA PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS LIBRES

Recoméndase os/as autores ler atentamente a Normativa e seguir as instrucións que se detallan, antes de redactar o resumo e/ou traballo completo. O resumo e/ou traballo completo que non cumpra os criterios requiridos non será admitido.

NORMAS XERAIS:

  1. Poderán presentarse traballos orixinais aínda que se teñan publicado en revistas, congresos ou noutras xornadas, coa excepción daqueles que desexen optar a premio, neste caso só se admitirán os orixinais que non se teñan publicado con anterioridade.
  2. As Comunicacións (resumo e/ou texto completo) só poderán enviarse utilizando os FORMULARIOS incluídos na páxina web das Xornadas. Unha vez enviadas, consideraranse definitivas e, polo tanto, non se permitirán modificacións a posteriori.
  3. O autor ou autora responsabilizase do contido do traballo e, polo menos, un dos asinantes deberá estar inscrito nas Xornadas AGEFEC.
  4. Os traballos presentados deberán estar enmarcados dentro do contexto e papel da Enfermaría de Atención Primaria.
  5. As Comunicacións serán avaliadas polo Comité Científico e a súa decisión, non poderá ser obxecto de apelación ou reclamación.
  6. Aínda que o autor ou autora deberá indicar si opta por Comunicación oral ou póster, AGEFEC resérvase o dereito a reclasificala, en función da avaliación realizada polo Comité Científico ou por motivos organizativos. A resolución será notificada ao e-mail da persoa que remita a Comunicación.
  7. No  caso  de  notificación  de  aceptación  por  parte  do  Comité,  esta  non  será definitiva ata que o pago da cota de inscrición sexa xustificado e que deberá terse realizado nos 10 días posteriores á mesma.
  8. Todas as Comunicacións poderán optar a Premio, si así o indica o autor ou autora no campo correspondente ao remitir o resumo da Comunicación, debendo asegurarse de que cumpre os requisitos establecidos.
  9. As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas da Xornadas. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.
  10. Polo tanto os/as autores ao presentar os seus traballos, comunicacións  orais ou póster, entenden que iso implica a aceptación das normas establecidas polo Comité Organizador e/ou polo Comité Científico.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS:

Na primeira etapa, que será antes das Xornadas, avaliaranse os resumos presentados, sendo determinante para a admisión ou non do traballo os seguintes criterios de avaliación:

  • Estrutura: Está ben estruturado seguindo as normas das Xornadas.
  • Prioridade: O tema está dentro do marco da temática das Xornadas.
  • Enfoque: Coherencia entre título, metodoloxía e conclusións. Boa orientación e ben dirixido cara os resultados.
  • Orixinalidade e aplicabilidade: O traballo é orixinal e aporta coñecementos novos e aplicables.
  • Relevancia: O traballo, ademais, de estar dentro do marco da Enfermaría de Atención Primaria e Comunitaria ten características relevantes que o diferencian.
  • Introdución: Descríbense de xeito claro os antecedentes da temática. Razoase a intencionalidade do traballo. Explícase a aplicabilidade tanto hipotética como real.
  • Obxectivo: Está claramente definido. Describe as condicións baixo as cales se debería cumprir.
  • Material e método: Son axeitados para acadar o obxectivo que se propón.
  • Resultados e conclusións:  Nivel  de  concordancia  entre  os  resultados  e  os obxectivos. As conclusións son coherentes cos resultados.
  • Bibliografía: Axustase ao recomendado na normativa xeral das Xornadas.
  • Redacción: Clara e concisa.

Na segunda etapa, durante as Xornadas, avaliarase a defensa oral. O Comité Científico será quen determine os traballos gañadores de premio.

PREMIOS:

COMUNICACIÓNS ORAIS. Outorgaranse tres premios:

  • 1º PREMIO: 200 €
  • 2º PREMIO: 150 €
  • 3º PREMIO: 100 €

COMUNICACIONES PÓSTER. Outorgarase un único premio de 150 €

 

PRESENTACIÓN DE RESUMOS

DATAS DE ENVÍO

Deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de Comunicacións (resumos).

  • A data límite para presentar os resumos será o sábado 3 de setembro de 2016.
  • A data límite para comunicar a aceptación ou rexeitamento, por parte do Comité Científico, será o venres 23 de setembro de 2016.
  • A data límite para remitir os traballos completos será o mércores, 5 de outubro de 2016.

FORMATO

Os resumos deberán respetar o seguinte formato de presentación:

  • Non poderán superar os 3.000 carácteres incluídos os espazos (excluíndo título e autores).
  • O titulo deberá ir en maiúsculas, sen abreviaturas, en negriña e como máximo ocupará dúas liñas. O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con interliñado sinxelo.
  • Admítense ata un  máximo  de  6  autores,  identificados/as  con  dous  apelidos seguidos do nome (exemplo: Pérez Martínez, José, Fernández González, María). Mediante superíndices, indicarase a categoría profesional e lugar de traballo. A persoa que presente a Comunicación identificarase como autor/a e deberá incluír un teléfono e enderezo electrónico de contacto.

ESTRUCTURA

  1. Introdución.
  2. Obxectivos.
  3. Método.
  4. Resultados.
  5. Discusión/conclusións.
  6. Bibliografía (estilo Vancouver).

Caso clínico:

  1. Introdución
  2. Exposición do caso
  3. Discusión/conclusións
  4. Bibliografía (estilo Vancouver).

O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con interliñado sinxelo salvo entre parágrafos.

 

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS (Texto completo)

Os textos completos deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de comunicacións, antes do 30 de setembro do 2016.

Aínda que se aceptara o resumo, se o texto completo non respecta o regulamento de confección será rexeitado.

A  Secretaría  Técnica  indicará  ao/á  autor/a,  mediante  e-mail,  lugar,  data  e  hora  da presentación.

FORMATO COMUNICACIÓN ORAL

  • O idioma para os traballos poderá ser Galego ou Castelán e deberán remitirse en formato tipo Word ou Open-Writer.
  • A estrutura será a mesma que se recomenda para os resumos.
  • Os traballos completos,  deberán  axustarse  ao  formato  de  artigo  científico (máximo 4.500 palabras).
  • Ao incluír as referencias bibliográficas debe usarse o formato normalizado estilo Vancouver.
  • O sistema de apoio para a visualización das Comunicacións será o formato de Power-Point ou Open-Office.
  • A primeira diapositiva deberá incluír a imaxe das Xornadas Descargar aquí, así como o título e autoría da Comunicación.
  • O/a autor/a deberá ter entregada a súa presentación audiovisual antes do comezo das Xornadas.
  • O tempo máximo para defender a Comunicación será de 10 minutos e deixarase un tempo ao remate de cada quenda para posibles preguntas ou debate. AGEFEC poderá, por motivos de organización e previa comunicación aos interesados, facer cambios ou modificacións no relativo aos tempos de exposición.

FORMATO COMUNICACIÓN PÓSTER

Para a presentación de Comunicacións Póster rexerán as mesmas normas xerais que para as Comunicacións Orais.

  • Só se permitiran Póster en formato dixital.
  • O póster constará como máximo de 4 diapositivas, incluída a portada.
  • A estrutura será a mesma que se recomenda para os resumos.
  • Por motivos técnicos o tipo de pantalla que se empregará a visualizar os pósteres é de formato horizontal (de 55 polgadas). Polo tanto a presentación dos pósteres debe adaptarse a este formato de 16:9 (horizontal panorámico).
  • O/a autor/a deberá ter entregada a súa presentación audiovisual antes do comezo das Xornadas
  • A defensa do póster só terá lugar se o mesmo opta a premio.

A Secretaría Técnica indicará ao autor/a, mediante e-mail, lugar e hora para a súa defensa, que non será superior en tempo aos 5 minutos.


SISTEMA DE PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

Cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios. Ante calquera incidencia, consulte coa Secretaría Técnica.

Formato de presentación* Marcar preferencia


 

Datos do autor/a responsable da Comunicación


 

* A Estrutura do resume deberá levar os seguintes apartados: introdución, obxectivos, método, resultados, discusión/conclusións e bibliografía.

* De tratarse dun caso clínico: introdución, caso clínico, discusión/conclusións e a bibliografía.


 

 

No poderán optar a Premio os membros do Comité Organizador e/o Comité Científico.

Non poderán optar a Premios os traballos que non sexan inéditos.

 
Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da sua navegación nesta web, en cumplimiento do Real Decreto-lei 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Más información